IES Espiñeira

IES Espiñeira

cceu-cor
IES-Espineira
O equipo do centro:
  • María Pardavila Neira, coordinadora e profesora de Xeografía e Historia
  • Elías Varela Otero, profesor de Bioloxía e Xeoloxía
  • Mariana Domínguez Pérez,profesora de matemáticas.

Número de alumnos/as totais no proxecto: 30 (1º ESO)

 

O noso centro:

Comezamos o proxecto con interese en coñecer experiencias novidosas e construtivas no ámbito STEM que nos permitiran ampliar perspectivas en relación coas nosas materias e alumnado. Integrar coñecementos metodolóxicos xa adquiridos con outras novas formas de traballar en toda Europa. Estes enfoques máis competenciais e interdisciplinares do ensino, foron tidos en conta á hora de elaborar o noso ciclo de aprendizaxe para este proxecto. A experiencia está sendo moi positiva e enriquecedora tanto para o equipo docente como para o alumnado, por amosarlles novas ferramentas de traballo, e novas metodoloxías (traballo en equipo, saídas de campo, laboratorio, etc.). Para o noso alumnado está a supoñer unha apertura de miras que este curso tan complicado lles estaba a quitar (traballo cooperativo, saídas grupais, prácticas, etc.).

(Visited 239 times, 1 visits today)