12 Apr IES Xoan Montes
PROFESORADO PARTICIPANTE
- Marta Coria Blanco (coordinadora)
- Inés María Iglesias Rois
- María Belén Díaz Pardo
- María Rancaño Herrán
- Manuel Veiga Díaz
- Marta Pérez Lozano
ALUMNADO PARTICIPANTE
- 3º ESO: 47 alumnos/as
- 4º ESO: 56 alumnos/as
A participación do IES Xoán Montes no proxecto K3 ATS STEM supón unha oportunidade moi valiosa, xa que nos aporta un marco para levar a cabo un proxecto interdisciplinar no noso centro. Nesa integración de saberes buscamos superar o concepto tradicional das ciencias, incorporando as ciencias sociais e outras materias artísticas, favorecendo a mellora das habilidades sociais do alumnado. A aplicación práctica dos coñecementos das distintas materias no contexto real do alumnado está a supoñer unha grande motivación así como unha aprendizaxe significativa. O desenvolvemento da autonomía, a autorregulación e a colaboración do alumnado son outras competencias que buscamos conseguir coa participación neste proxecto.